26/05/09

Rivas cántalle a unha cidade libre


Lembra na Coruña aos que loitaron contra o franquismo no 1936, nun recital poético musical baseado na súa novela 'Os libros arden mal'

O escritor Manuel Rivas celebrou este sábado na Coruña un recital poético musical en homenaxe ás persoas que loitaron por unha cidade libre durante a época do franquismo, baseado na súa novela Os libros arden mal.
Deste xeito, tomando como punto de partida a queima de libros que se levou a cabo na dársena da Coruña en agosto de 1936, a posta en escena contará con Manuel Rivas como narrador; con Marcos Meléndez pondo a voz dos tangos; con Gastón Rodríguez, á guitarra, e con Pulpiño Viascon na voz, gaita e serrucho
Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário