06/05/09

O fotógrafo José Suárez terá museo propio en Allariz

O que está considerado o mellor capturador de instantáneas de Galicia terá a súa propia fundación, segundo explica o seu sobriño no concello de Allariz, vila natal de Suárez, que lle renderá tributo coa construción deste edificio.
O Concello de Allariz quere engadir á súa oferta cultural, artística e literaria un museo que mostre máis de 10.000 imaxes do fotógrafo José Suárez, natural da vila, cuxa obra é reclamada á familia para exposicións de arte contemporánea en todo o mundo, explica o alcalde, Francisco García. O museo José Suárez é unha idea madurada durante anos polo seu sobriño e tamén fotógrafo, Xosé Luís Suárez Canal, que explicou que continuamente empaqueta e desempaqueta fotografías de José Suárez reclamadas dende diferentes lugares do mundo. Hoxe, parte delas están no Museo de Arte Contemporánea (MAC) de Lisboa. A exposición de Lisboa é Arquivo Universal, mostrada antes no MAC de Barcelona, e reúne proxectos históricos da fotografía, como a colección sobre a pobreza no rural de Estados Unidos despois do crack de Wall Street de 1929. Explicou que planea co Concello de Allariz constituír unha fundación e construír unha sede situada entre as da fundación-museo Vicente Risco e o museo de arte sacra de Allariz.
Vale a pena achegarse a velo, animádevos e comentade!

Sem comentários:

Enviar um comentário