31/05/09

Leixaprén 2009



O 28 de maio tivo lugar en na Casa de Cultura de Outes a entrega do premio Leixaprén 2009, que concede a Asociación Coordinadora Leixaprén, da que formamos parte xunto cos centros de ensino secundario de Outes, Noia, Muros, Dodro, Rois, Porto do Son e Rianxo. Este ano a entidade galardoada foi a Asociación Mar de Lira e o persoeiro local homenaxeado foi Domingos Sendón. No acto, ao que asistiu numeroso público do concello e do IES Poeta Añón, estiveron presentes a coordenadora provincial dos ENDL, o alcalde de Outes e o profesor Ramón Blanco, que disertou sobre autor homenaxeado. Neste día de festa para a lingua, houbo música, teatro e asistimos á estrea do himno do Leixaprén.

















Sem comentários:

Enviar um comentário