‘Quince maios’, un dvd gravado en santiago, será presentado este xoves nun concerto na Coruña. A banda, que mestura os sons tradicionais galegos cos contemporáneos ofrece unha “instantánea” dos seus mellores temas.
O grupo galego de música folk Fía na roca ofrecerá este xoves un concerto cheo de significado no Teatro Rosalía da Coruña. Porá fin ao ciclo Música con raíces, organizado polo Concello, e servirá de presentación do novo disco da banda, Quince maios, un DVD que conmemora o seu décimo quinto aniversario.
Anunciárono onte os membros do grupo e a concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo, que describiu en detalle os "directos sen artificios" de Fía na roca, "moi persoais e sempre únicos". De feito, Quince maios é o resultado dunha gravación en directo, realizada o pasado 30 de xuño no Teatro Principal de Santiago, polo que contén temas de toda a súa carreira é mesmo unha composición nova. "Serve como instantánea do que é esta banda, unha das mellores representantes do folk xa non galego, senón mundial", segundo a concelleira.
Os membros actuais de Fia na roca son Xosé Ramón Vázquez, Carlos Castro, Giao Rodrígues, Roberto Santamarina, Xabier Olite, Roberto Rama e Sonia Lebedynski. Non son os mesmos que comezaron hai quince anos pero como comentou Vázquez, o batería e un dos veteranos: "Nese tempo mudaron moitas cousas, non só entre nós. O mundo é outro e en Fía na roca cambiaron as persoas, as formas e os sons, pero o que permanece é a idea inicial de traballar coa música tradicional galega actualizándoa, dándolle novos aires e achegándolla ao público".

Sem comentários:
Enviar um comentário