29/04/09

Un neno subido ao mapa do tempo




O SOMBREIRO CHICHIRITEIRO’ é A INCURSIóN DE MANUEL RIVAS NO MUNDO LITERARIO INFANTIL, XUNTO COS DEBUXOS DE PATRICIA CASTELAO. É un libro no que a maxia reborda nada máis abrilo. Os debuxos, de Patricia Castelao, son pequenas marabillas que se miran con goce e curiosidade. Teñen a plasticidade dunha película de animación e parecen tridimensionais aínda que non o sexan. As nenas e nenos, que seguen sempre os debuxos, nada máis velos empezarán a comentalos: este é Simón, esta é a boca do sombreiro... É o seu xeito de participar na historia que está a serlles contada. Se os adultos valoramos a fermosura dos debuxos, para a rapazada esa fermosura está chea de significado, ponlle cara e corpo ao que se conta e faino máis comprensible, máis próximo.
Que vos parece? Mercámolo para a biblioteca e lémolo?

Sem comentários:

Enviar um comentário