29/04/09

Domingo Villar presenta a súa nova intriga


'A praia dos afogados' é a nova novela do autor

Despois do éxito de Ollos de auga, con máis de 10.000 exemplares vendidos, Domingo Villar preséntará, en Editorial Galaxia, A praia dos afogados, unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo. Domingo Villar volve introducir ó lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, en A praia dos afogados, título desta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas. A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo.
Lémola e comentamos? Ten moi boa pinta!

1 comentário:

  1. Anónimo2/5/09 02:00

    No blog O castelo da lúa, tedes un agasallo: considerámosvos bog maneiro. Aproveitamos para darvos os parabéns polo voso traballo. Un saúdo.

    ResponderEliminar