No evento, organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, tamén falarán Elena Poniatowska, Marilar Aleixandre e Teresa Moure .
Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega co patrocinio e colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, este venres 25 de abril deu comezo o II Encontro Cidade da Coruña, que se desenvolverá na sede da Real Academia Galega (rúa Tabernas, 11), sempre ás 20,00 horas, baixo o lema Mulleres na Literatura, e contará coa presenza de María Reimóndez (24 de abril), Elena Poniatowska (8 de maio), Marilar Aleixandre (15 de maio) e Teresa Moure (22 de maio).
O encontro comeza, pois con María Reimóndez. Tradutora e intérprete de profesión, o seu primeiro libro publicado é o poemario Moda Galega (2002). En 2003 recibiu o premio de novela Mulleres Progresistas de Vigo con O Caderno de Bitácora. Malia esta incursión recente no panorama literario, María Reimóndez leva escribindo desde que tiña 6 anos, recibiu premios durante a súa mocidade, é autora de varias obras de teatro e participou en distintos recitais poéticos. En 2007 obtivo o Premio de Novela San Clemente con O club da calceta, narración que de seguida se adaptou para o teatro e que en breve será levada ao cinema.
Na actualidade colabora no xornal A Nosa Terra e en Vieiros. É fundadora da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Intepretación, e da ONG Implicadas/os no Desenvolvemento, que leva traballando na India desde o ano 1998, e en Etiopía desde 2003.
Que pensades?

Sem comentários:
Enviar um comentário