16/04/09

A Asociación de Escritores en Lingua galega organiza unha homenaxe ao escritor Ramiro Fonte


A sede viguesa da Fundación Caixa Galicia, na rúa Policarpo Sanz nº 21, acollerá o vindeiro venres 17 de abril, a partir das 19,30 horas, un acto de homenaxe ao escritor Ramiro Fonte.




O acto iniciarase coa actuación musical do "Grupo Instrumental Siglo XX". A continuación, celebrarase un recital poético con participación de X. M. Álvarez Cáccamo, Manuel Álvarez Torneiro, Ignacio Chao, María do Carme Kruckenberg e Xulio L. Valcárcel. Tras unha segunda actuación musical, as recitacións proseguirán coas intervencións de Gonzalo Navaza, Román Raña, Xavier Rodríguez Baixeras, Cesáreo Sánchez Inglesias e Xavier Seoane.

Que pensades? Ben merece unha homenaxe, non si?

Sem comentários:

Enviar um comentário