16/03/09

X PREMIO DE NARRATIVA “CERNADAS DE CASTRO”. CURSO 2008-2009

BASES DO CONCURSO

Poderá concorrer ao premio todo o alumnado do centro.

Os traballos serán redactados en lingua galega.

Os textos presentados serán inéditos e de tema libre.

Os orixinais terán unha boa presentación, con letra clara e limpa. Tamén poderán ser presentados a máquina ou a ordenador.

A extensión será dun máximo de dez folios.

Os traballos serán presentados en DIN-A 4 e grampados en DIN-A 3, que fará as veces de portada e contraportada. Na portada figurará o título do traballo. O nome e o curso do alumno irán introducidos nun sobre que irá adxunto ao traballo presentado.

Os textos entregaránselle aos titores en primaria e ao profesorado de lingua en secundaria.

O prazo de presentación dos traballos rematará o luns, 20 de abril de 2009.

Os premios consistirán en material bibliográfico e audiovisual.

O sistema de selección e valoración dos relatos presentados será o seguinte:
- Cada profesor/titor fará unha primeira selección na súa aula.
- Os membros do Departamento de Normalización e Dinamización Lingüística serán os encargados de facer a selección final dos mellores traballos e conceder os premios.

O CPI Cernadas de Castro resérvase do dereito de publicar os traballos premiados ou calquera outros presentados a este concurso, sen apercibimento dos dereitos de autor e compensando aos autores con exemplares do volume que se poida editar.

No caso de publicación da obra polo autor, deberase facer referencia ao premio obtido neste certame.

As obras poderán ser retiradas dentro dos tres meses posteriores á decisión do xurado. Unha copia de todas as obras entregadas quedará na biblioteca.

Os gañadores deste certame poderán facer unha lectura do seu traballo na biblioteca do centro.

A participación neste certame literario implica a aceptación das bases.

A participar todas e todos, que hai premio seguro!

Sem comentários:

Enviar um comentário