16/03/09

"Os mortos van á présa"


Neus Asensi interpreta a unha camioneira desorientada na primeira longametraxe do galego Ángel da Cruz. «Os mortos van á présa». A comedia, rodada en Ribadeo, estreouse o venres en toda España
A Neus Asensi fai anos dáballe medo que a encasillaran, porque temía iso de quedar ancorada nun papel e non prosperar na súa carreira. Agora iso dálle igual. Émáis. Gústalle.
«Si. Hoxe en día penso que é fantástico que che encasillen porque cando necesiten a alguén das túas características vante chamar».
Vístela? Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário