Unha profesora galega en Dubai, testemuña da interculturalidade
A globalización está exemplificada nunha moza galega residente en Dubai. Marta Martínez é profesora de español e de francés nun colexio británico da capital dos Emiratos Árabes. O seu marido é surcoreano, co que se comunica principalmente en inglés e cando escribe á súa terra faino en galego.
Nada fai 31 anos en Aios, «un pobo precioso» pertencente ao concello pontevedrés de Sanxenxo, Marta xa está afeita estar fóra da súa terra. Tras estudar Filoloxía Hispánica en Santiago, trasladouse un ano a Londres para perfeccionar o inglés. Despois, cambiou Reino Unido por Francia e traballou en Perpignan como asistente de español. Regresou á capital británica para facer un curso de posgrao en Educación da Universidade de Middlesex, tras o cal traballou de profesora de español e de francés nun instituto público londinense.
O salto aos Emiratos Árabes empezou a roldar pola súa cabeza fai dous anos, cando a súa entón parella Ildo se trasladou a Dubai. Logo de casar, Marta decidiu seguilo e probar sorte no continente asiático. Agora, traballa alí, nun colexio internacional británico. Ensina francés e español a nenos de todas as nacionalidades, aínda que o plan de estudos é británico.
Que pensades?
Eu creo que sería moi interesante, como experiencia intercultural, invitar a esta profesora ao noso centro cando veña a Galicia, e que nos conte a súa experiencia cos rapaces dos Emiratos, cales son as principais diferencias culturais que atopa con España, e principalmente co sistema educativo Español, aínda que neste caso se trate dun centro británico.
ResponderEliminarQue pasada!
ResponderEliminarNice
ResponderEliminar