O Pazo de Bendaña, sede da Fundación Granell, acollerá o xoves o maratón de lectura Encontros Fantásticos , con motivo do Día internacional do libro infantil e xuvenil. O evento, organizado por Gálix (Asociación Galga do Libro Infantil e Xuvenil) e a Fundación Granell, coa colaboración de Edicións Xerais de Galicia, abrirase cunha lectura a cargo de Guadalupe Rodríguez Silva, delegada de Educación e Normalización Lingüística do Concello de Santiago, unha representación da directiva de Gálix e outra das consellerías de Educación e Cultura da Xunta.
Por terceiro ano consecutivo, a Fundación Granell e Gálix celebrarán conxuntamente o día internacional do libro infantil e xuvenil, data que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen. Nas dúas anteriores convocatorias, que contaron cun gran éxito de participación e de público, partiuse, como agora, de temas relacionados coa desbordante imaxinación surrealista. Este ano tratará dos encontros fantásticos que poboan as obras surrealistas e a literatura infantil e xuvenil.
Opinade!
Sem comentários:
Enviar um comentário