Potenciar ou uso da lingua galega e facelo dun xeito ameno e interactivo. Ese é o principal obxectivo que persegue a Xincana, unha nova actividade organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e que se enmarca na campaña En galego, tes todo por vivir. Tócache!.
Esta iniciativa desenvolverase en centros comerciais de cinco cidades galegas -en Santiago, en Área Central- durante os meses de abril e maio. Todos os detalles relativos a esta experiencia poden consultarse tamén na web www.palabrasencadeadas.com.
A Xincana recalará en Área Central vos días 14, 15 e 16 de maio. A organización habilitará un punto de encontro en cada un dous centros comerciais nos que se desenvolverá a convocatoria. Nunha serie de expositores ofrecerase información sobre a xincana e neles tamén se poderán anotar as persoas que desexen participar. As preinscricións poderán facerse durante os dous primeiros días programados en cada cidade e o prazo para anotarse rematará ou venres ao mediodía. Para concursar é necesario facelo como equipo, e cada grupo poderá estar composto de entre tres e oito membros.
Animádesvos a participa?
Sem comentários:
Enviar um comentário