16/03/09

Cursos CELGA nos concellos

Os interesados en mellorar o seu uso do galego e obter o Certificado de Ensinanza de Lingua Galega (CELGA), teñen unha nova oportunidade cos cursos preparatorios para este exame que o Concello de Santa Comba estrea o próximo día 2 de abril.
Trátase duns cursos preparatorios, gratuítos e abertos a todo o público adulto en xeral. Con todo, aquelas persoas que desexen participar deberán acudir á oficina de información e emprego, situada na Casa da Cultura, e inscribirse antes do mércores 25 de marzo.
Os/as interesados/as en saber máis sobre os CELGA visitade a páxina http://xunta.es/linguagalega .

Sem comentários:

Enviar um comentário