A última obra do autor Xosé Manuel G. Trigo presentouse este xoves na biblioteca de Bertamiráns. A Biblioteca Municipal de Ames, a Librería Mainomen e a Editorial Galaxia son os tres entes organizadores deste acto que está dirixido a un público adulto.
A biblioteca de Bertamiráns foi este xoves, 26 de febreiro, o escenario da presentación do libro "Viaxes do corazón". O autor, Xosé Manuel G.Trigo, falou acerca desta obra que se acaba de publicar. Tamén o acompañou Víctor F. Freixanes, escritor e director da Editorial Galaxia, que é a que edita este traballo. Xunto con eles estivo Xosé María Álvarez Cáccamo, un recoñecido poeta galego.
Animámonos a ler? Opinade!

Non me resisto a comentar algo desta obra e deste autor. Compañeiro meu durante un curto período é un personaxe peculiar, que me lembra moito a Carlos Casares, un escritor que me fascina en tódolos xéneros. As obras de Trigo, tanto esta como as anteriores -Reserva especial e Extintos básicos - son o froito dunha mirada distinta sobre a realidade. Se na conversa diaria ás veces nos poder resultar mesmo excesivamente requintada, na escrita Trigo ten arte de enfiar palabras e que soe a música de que falaba Cunqueiro. Recoméndovos a súa lectura, así como a dos seus artigos en El Correo Gallego, pequenas mostras do seu dominio do xénero xornalístico e posuídores dunha fina retranca que sempre provoca o sorriso. Unha delicia!
ResponderEliminar