
Queremos destacar hoxe unhas palabras do noso escritor actual máis recoñecido, Manolo Rivas, en El País do venres 13 de febreiro. No medio de tanto balbordo artificial e interesado, o escritor, busca o valor conciliador da lingua:
“O galego é unha mazá. Unha das mellores mazás que temos porque é das cousas que máis nos unen.... Cantas cousas temos en Galicia que nos unan? Cantas que poidan unir, comunicar, monte e ribeira, agro e cidades, interior e beiramar,... celtistas e deportivistas, laicos e crentes, vellos e novos? Fálese ou non, poucas cousas teñen o valor real de unir como ten para nós o galego”.
Que vos parece?
Sem comentários:
Enviar um comentário