O alumnado da ESO segue facendo coplas de Entroido!
Lede e opinade!
Alumnado 3ºA ESO:
SOIDADES
Como estrañamos aqueles tempos,
os anos que Maruja cociñaba
estaba todo tan ben feito
que ata o caldo nos gustaba.
Xa nada é o que era
as comidas case todas cambiaron,
hoxe tocaron espaguetes
e nin salsa nos botaron.
As croquetas están moi boas
pero comparándoas coas de antes,
as que nos reparten agora pouco máis son ca guisantes.
O único que mellorou
foi o pan e os manteis
está todo tan refinado
que parecen mesas de hoteis.
Alumnado 4ºA ESO:
NON CHEGA A HORA
Chego á escola
sen ganas de nada,
esperando a hora
de comer a empanada.
Pero eses días
son os menos,
porque poñen xudías
e caldo de grelos.
Volvo para a casa
cheo de fame,
chéirame a masa
e o forno non abre.
Miña avoa dime
que o forno está quente,
pero o estómago pídeme
o mesmo que a mente.
Ó final
abre o forno,
saíulle moi mal
e a cear leite morno
NON ME DOU POR VENCIDO
Toca ximnasia
e Pancho non veu,
xa pode ir en Asia
cada un mira o seu.
Temos un problema,
o pavillón está inundado
o que fixo o teorema
parecía un parado.
Alí pódese nadar
e tirarse do trampolín
pero non se pode andar
nin xogar ó fultbolín
Estamos en crise
e non se pode arranxar
o encargado diso
podía ir de vagar.
Vou marchar da escola
e vai quedar así
Lucinda dáballe coa fregona
a pobre non deu máis de si.
O PAVILLÓN
Hoxe chove non moi forte
e o ximnasio está mollado
chova, vente ou quente o sol
isto sempre está empapado.
Tócanos ximnasia agora
soa o timbre e alá imos
imos todos os de cuarto
a ver o que alí atopamos.
Do teito caen goteiras,
o chan está levantado
aquí non podemos dar clase
isto está en moi mal estado
Poceiras bastante grandes,
pavimento inservible,
practicar a natación
aquí ata é posible
E DURA, E DURA...
O peor
é o horario
despois do comedor
volve o calvario
Os do instituto de oito a dúas
e non se queixan de nada
que lles aproveiten as súas
pedazo madrugada.
E alá imos os da Silva
correndo ata o pavillón
coma nos últimos meses
pasando frío un montón.
CHOVE NO XIMNASIO
Agora temos dous por un
ximnasio con piscina incluída
pero se o ven daranse conta
de que é peor ca unha ruína.
Pode parecer que dicimos trolas
pode parecer unha gran mentira
pero realmente o ximnasio está
moito peor do que imaxinan.
Onde facemos deporte agora
semella ser un frigorífico
o frío entra nos pulmóns
e colles un catarro magnífico.
XIMNASIO
Hoxe tócanos ximnasia,
ata aí quería chegar
porque do noso ximnasio
teño moito que falar.
Sempre cando chove
ata o polideportivo hai que andar
pois durante o camiño
témonos que mollar.
Primeiro unhas goteiras
iso pra empezar
pero dende aquel día
isto é un non parar.
Xa estamos fartos
de alí non poder xogar
iso parece unha piscina
na que nin se pode nadar.
Leva moito tempo
e ninguén vén mirar
por favor axudade
aínda imos afogar.
Alumnado de 4º A
O XIMNASIO
“Hai falta de traballo”
quéixanse os da construción
que se pasen pola Silva,
que aquí gañan uns millóns.
Repito unha vez máis
iso parece unha piscina
o chan está perdido,
Parece un campo de minas!
Tanto monta monta tanto
tres pingueiras e un buraco
non facían iso todo
nin 2 500 ratos.
No inverno: calefacción,
e na clase un acora
pero vaste ó ximnasio
e chove tanto coma en fóra.
Alumnado de 4º B
A CRISE
A crise chéganos a todos
este ano a cousa vai mal
ti mira, en vez de ximnasio
temos unha piscina descomunal.
Estamos nun estado de dereito
din que temos liberdade de expresión
pero despois miran en Internet
E bérrannos polos fotologs.
O ximnasio está mollado
máis que gotas caen chorros,
parece iso unha piscina:
imos ter que traer gorro!
Cando chove cae auga,
e o ximnasio está empapado
a culpa tena toda
esa caca de tellado.
O piso do ximnasio
está moi moi mal
“pa” secalo non chegaban
toallas de Portugal.
Aquilo está inutilizable
e ninguén move un dedo
para que o veñan arrranxar
ai Meu Deus, reza un Credo!
A PISCINA
Nesta escola
piscina non queremos,
por que?
porque diso xa temos.
O que non temos é un ximnasio
pero si o queremos
pois onde senón,
ximnasio faremos.
Sem comentários:
Enviar um comentário