12/02/09

Coplas de Entroido 2009

O alumnado de 3º ESO, están facendo coplas para o Entroido! . Lede e opinade!

Alumnos/as 3º C ESO:

Temos pouco recreo e
demasiado traballo,
andamos coas mochilas
de aquí para alá cargados.

Este cole anda moi mal,
Pero ímolo cambiar!!

Estamos no colexio
metidos todo o día,
se cambian a xornada
Ai, que marabilla!

Este cole…


No canto do ximnasio
temos unha piscina;
nós estamos fartos
e Pancho está que trina.

Este cole…

E no comedor
sempre as mesmas comidas;
algunhas sonche boas
pero outras moi cativas.

Este cole..

Logo no autobús
lévanos Comparado.
“Poñede o cinturón”,
Que tío máis pesado!

Este cole…



Alumnos 3º B ESO:

O XIMNASIO

O ximnasio do colexio
Estanos moi destrozado
Seica é por tanta chuvia
mais non o dan arranxado

Complexo de piscina
este ximnasio vai ter,
Podemos con tanta auga
Submarinismo facer.

É que imos a un colexio
Que non vos ten moito xeito,
Mentres facemos ximnasia
Cáenos auga do teito.

Serán os señores da Xunta
que sempre pensando nos nenos,
Fixeron unhas pingueiras
pra que non nos deshidratemos?.

OS RECREOS NAS AULAS

Nestes días que vai frío,
nin os peixes queren auga.
Xa que se está mellor ó abrigo,
por que non quedar na aula?

Co bo tempo imos ó patio
tomar o sol un pouquiño,
pero no inverno, por favor,
na clase estase a gustiño!

Cando temos treboada
queremos quedar na clase
máis se nos cacha María
saímos todos cun parte.

Tamén a xefa de Estudos
vén e nos sacas ás patadas,
nós saímos ó recreo
coas orellas conxeladas.

CALEFACCIÓN

Ao saíres da casa
é mellor ir abrigado,
por se ao chegares a clase
o radiador está apagado

Ás veces vai moito frío,
outras moita calor,
pero alomenos no baño
que acendan o radiador!

Se os radiadores están frío
todos nos conxelamos
e despois Marta sempre berra
que os abrigos non quitamos.

Por causa da calefacción
igual temos que hibernar,
mellor solución a dos osos
que con hipotermia estar.


MÁQUINA EXPENDEDORA

Para matar o vermiño
non estaría de máis ter
unha máquina expendedora
por se algo queremos comer.

Todos estamos famentos,
ninguén nos ofrece comida,
coas máquinas expendedoras
rillaríamos todo o día.

Bocadillo non dá tempo,
froita non nos apetece,
pero un cafeíño de máquina,
a nós mal non nos parece

IR AO BAÑO DURANTE AS CLASES

Hai xente que nunca vai,
outros devecen por ir;
ós que queren que os deixen
a esa clase hai que asistir!

Se non deixan ir ó baño
teremos que ir con pañales,
porque se mexas por ti
escócenche os xenitales.

Ó non poder ir ao baño
algúns haberán desbordar,
mellor preparo o flotador
por se hai que evacuar.

O COMEDOR

As queridas cociñeiras
co Gadis teñen un trato
cada vez que fan verdura
de vinagre enchoupan o prato.

Sopas que parecen cremas
cremas que parecen sopas,
todo isto non pasaría
con Maruja nesta escola.

Sabemos que somos tantos
que dunha vez non cabemos,
pero desde que marchou Maruja
con que pouco xeito comemos!


OS MÓBILES

Móbiles e aparatos
quítannos das faltriqueiras;
usamos sinais de fume,
ou ben pombas mensaxeiras?

A min non me cómpre móbil
pero a outro ó mellor si,
teremos que facer algo:
non podemos seguir así!

E se hai ameaza de bomba?
E se esqueces os deberes?
Fannos moita falta os móbiles.
Que mal facemos con eles?

Que os profesores avisan
que móbil non hai que traer,
pero cando soa o deles
din que teñen que coller.

1 comentário:

  1. como que este colexio non ten moito xeito este colegio pule as cagadas que hai en noia dos institutos.

    ResponderEliminar