12/02/09

Cinco autores galegos asistirán á Feira do Libro da Habana

A Feira Internacional do Libro da Habana comeza mañá a súa XVIII edición que inaugurará a presidenta chilena, Michelle Bachelet, xa que este ano está dedicada a este país suramericano. Se ben Galicia tamén estará representada na feira coa presenza de escritores como Anxos Sumai, Paco Martín, Xosé Tomás ou Xabier Cid .
Por outra parte, o escritor galego Xosé Lois García tamén acudirá á Feira da Habana, convidado pola Asociación de Escritores Cubanos (Eneac) e o festival de Poesía da Habana.

Sem comentários:

Enviar um comentário