16/01/09

Editores Galegos

Os editores galegos publicaron 2.359 títulos no 2008. Os editores galegos publicaron ao longo dos primeiros nove meses do 2008 un total de 2.359 títulos, dos cales o 62,14 por cento, 1.466, foron editados en lingua galega
Así, segundo os datos do Ministerio de Cultura consultados por Europa Press, no conxunto do Estado editáronse até o terceiro trimestre do pasado ano un total de 60.085 libros, aos que hai que sumar 8.228 reimpresións de obras.En Galiza editáronse neste período o 3,93 por cento dos libros que se publicaron no Estado, 2.359, dos cales 1.353 publicáronse na Coruña, 845 en Pontevedra, 113 en Ourense e 48 en Lugo e é, ademais, a sexta comunidade autónoma na que máis libros se editaron.No relativo a outras comunidades, por encima de Galiza en títulos editados están Catalunya, con 22.185 novos libros nos primeiros nove meses de 2008; Madrid, con 18.600; Andalucía, con 7.341; Comunidade Valenciana, con 3.707; e Euskadi, con 2.640 títulos editados.Ademais, por baixo da galega en volume de edición están as Comunidades de Aragón, onde se editaron 1.066 libros; Canarias, que publicou 667 novos títulos; Illes Balears, con 567; Murcia e Navarra, con 519 e 517 libros editados respectivamente; Castela a Mancha, onde se publicaron 500; Estremadura, con 341; Cantabria, con 277; A Rioxa, con 138; e, pechando a táboa, Ceuta e Melilla, onde a súa editaron 6 e 28 títulos durante este período.Do conxunto de novos títulos publicados en Galiza até setembro de 2008, o 62,14 por cento, 1.466, publicáronse en galego, a maior cifra relativa das comunidades con lingua cooficial.En cifras absolutas, o idioma galego supuxo o 2,44 por cento dos libros publicados no conxunto do Estado, mentres que as publicacións en catalán alcanzaron o 10,58 por cento das edicións españolas e as obras editadas en éuscaro supuxeron un 2 por cento.
De todos estes libros, cantos lestes? Canto lemos? Que vos parece?

Sem comentários:

Enviar um comentário