10/12/08

Jaureguízar presenta novo libro



Entre galletas de limón e citas cinéfilas presentouse a última novela de Jaureguízar, O globo de Shakespeare (Xerais), da que din que ten influencias almodovarianas.
Na entrevista dá pinceladas do seu novo libro, lede e comentade!
“-Na presentación do libro falouse do espectáculo.
-É algo que me interesa desde sempre. En case todos os libros hai espectáculo na súas diversas formas: cine, cabaré, teatro. Recorro moito a iso porque é a forma de comunicación máis contemporánea.
-Outro dos intereses seus manifestados é a cultura popular. Non ten mala prensa?
-Interésame a cultura de masas porque me interesan as formas de comunicación universais, son códigos que pasan duns países a outros e non fondo desa cultura de masas está o ser humano, oque me interesa en realidade.
-A novela é unha mestura de xéneros.
-Hai dúas liñas. Unha é unha intriga arredor dun manuscrito de Shakespeare e outra, unha reflexión sobre a relación de xerarquía nun grupo pequeno de persoas. Polo visto, eu son ou único escritor galego que quere vender libros, así que uso as tramas de intriga para chamar polo lector para levalo. A outra é que me interesa a min para traballar como escritor”

Sem comentários:

Enviar um comentário