21/11/08

Unha granxa escola de Fornelos prohibe aos seus traballadores usar o galego

Denuncian que unha granxa escola de Fornelos prohibe aos seus traballadores usar o galego .

«O idioma empregado no traballo será o castelán salvo excepcións que serán previamente comunicadas» figura entre as normas para o persoal educativo.
A Mesa pola Normalización Lingüística vai denunciar ante a Inspección de Traballo a unha granxa escola de Fornelos de Montes, na provincia de Pontevedra, por prohibir aos seus empregados utilizar o galego.
Segundo denunciou esta mañá o colectivo en rolda de prensa en Vigo esta ilegalidade está demostrada xa que nun documento escrito de normas para o persoal educativo da granxa O Kiriko especifícase que: «o idioma empregado no traballo será o castelán salvo excepcións que serán previamente comunicadas».
Ademais, a Mesa destacou o feito de que é un centro co que traballaron varias administracións públicas da comarca de Vigo polo que se dirixirán ás mesmas para esixir o cesamento desta discriminación.
Parece incrible , non si? Comentade!

Sem comentários:

Enviar um comentário