21/11/08

Nun colexio de Bos Aires ensínase galego.

O Santiago Apóstol de Bos Aires ensina a cultura das súas raíces a descendentes de galegos, pero tamén a arxentinos de moitas outras colectividades ·· O centro reforza ademais a aprendizaxe do inglés ou informática. ·· A conselleira de Educación inaugurou a súa ampliación.

Ademais das algo máis de 30 horas semanais que esixe o currículo arxentino en Secundaria, o colexio Santiago Apóstol imparte, con carácter obrigatorio, outras oito a maiores de clases de lingua, literatura, xeografía e historia de Galicia. "Traballamos estes contidos case ao mesmo ritmo do ensino en Galicia", explica o profesor Xoán Xesús Sánchez, un dos docentes enviados por Educación para completar esta oferta. "E tamén temos visitas con frecuencia de escritores galegos. Xa estiveron acá Manuel Rivas, Méndez Ferrín e Suso de Toro", comenta Xosé Antón, outro alumno de cuarto de Bacharelato,cunha nai de Noia.
Como ledes, é unha marabilla, que non se perda a lingua nosa! Que pensades?

Sem comentários:

Enviar um comentário