17/11/08

Carlos G. Reigosa gaña o XX Torrente Ballester


A súa novela 'A vida do outro' foi escollida entre os máis de 400 orixinais que se presentaron á vixésima edición do premio de narrativa Gonzalo Torrente Ballester.
Convocado pola Deputación da Coruña, o premio ten unha dotación económica de 25.000 euros, amais da publicación da obra gañadora. Nesta convocatoria presentáronse 404 orixinais: 28 en galego e 376 en castelán, procedentes dun total de 18 países. O xurado do premio, que presidía Salvador Fernández Moreda, presidente da Deputación estivo integrado pola responsábel da área de Cultura da entidade, Caridad González Cerviño, e os críticos literarios, Mercés Monmany, (comisaria do premio), Angel Basanta Folgueira, Amalia Iglesias Serna, Rosario Canal, José Manuel Pozuelo Yvancos, Xosé Manuel Pacho, (gañador da anterior edición), e José A. Ponte Far. Fernández Moreda definiu a Carlos G. Reigosa como "un ilustre galego, magnífico xornalista e escritor, en galego e castelán". Pola súa banda, o portavoz do xurado, Ángel Basanta, destacou a calidade literaria da obra de Carlos G. Reigosa e afirmou que o xurado decidiu por unanimidade premiar a novela A vida do outro, "unha recreación memorial da Transición española que é, ao mesmo tempo, novela xeracional, contada por un xornalista, fillo de galegos, cun testemuño moi completo da evolución política e social de España nos últimos corenta anos, e unha novela existencial cunha viaxe ao interior de sí mesmo". Basanta subliñou que a novela "vista dende a óptica dun membro da xeración do 68, narra todos os feitos históricos importantes dende o tardofranquismo até a actualidade", e acaba sendo "unha crónica persoal, a testemuña dunha inmensa decepción, de quen dedica a súa vida a contar as vidas

Sem comentários:

Enviar um comentário