"O ladrón de palabras" é o título desta actividade, que se fixo nas bibliotecas de Ames o pasado 25 de outubro e tamén dun dos libros que publicou ultimamente este vigués, que ademais de ilustrador é deseñador e escritor.
Neste conto, "O ladrón de palabras", as palabras vóvense físicas e descubriremos que teñen moita forza, e que con elas se pode facer o ben (bicicletas) ou o mal (bombas como na entrada anterior a esta). Depende da elección da xente.
Contamos con moitos libros deste autor, coñecédelos? Botade unha ollada en
www.amigranha.com
Sem comentários:
Enviar um comentário