28/10/08

Agustín Fernández Paz gaña o premio de Literatura Infantil e Xuvenil coa obra O único que nos queda é o amor.


"Este é o primeiro ano no que podo dicir de verdade que son escritor", aseguraba onte, aínda que lamentou perder o "estimulante contacto cos mozos" por mor da súa prexubilación, pero recoñece que a escrita "rouba moitas horas; é un burato ó que lle podes meter todo o tempo que queiras". O escritor é ademais membro do Relatorio de Lingua do Consello da Cultura Galega e codirixe, tamén, a Colección Merlín de Literatura Infantil e Xuvenil, de Edicións Xerais. Pertencente aos colectivos de renovación pedagóxica Avantar e Nova Escola Galega, unha grande parte dos seus traballos xiran en torno a temas como a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua ou a súa introdución nos medios de comunicación.
O libro é un conxunto de relatos que teñen o amor como eixe común, e cuxos finais revisten o encanto e o desencanto cun bafo de optimismo ao apostar decididamente os seus protagonistas polo amor. Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián son personaxes dos seus relatos que namoran e descobren un sentimento poderoso no amor, capaz de transformar as súas vidas e de cambialas por completo, pero tamén coñecen o lado amargo do desamor, da ausencia e do amor frustrado.
E unha boa oferta para ler a curto prazo, animádesvos e empezamos a comentar sobre el?.

Sem comentários:

Enviar um comentário