22/04/08

PO DE ESTRELAS


E segue: Novas receitas para os dados do reloxeiro. Que intriga! De que estaremos falando? Pois dun libro que pretende contar con rigor, humor e claridade fenómenos e avances científicos de interese xeral para todos. Do que se trata é de achegarlle a ciencia a todos, tamén aos adolescentes coma nós.

O seu autor é Xurxo Mariño, un profesor de Bioloxía da Universidade da Coruña, que recolle neste volume un conxunto de relatos que xa foi publicando no portal http://www.culturagalega.org/, nunha sección que se chama "Os dados do reloxeiro".



O pasado 18 de abril presentouno no Instituto Rosalía de Castro, de Santiago, e deixou os alumnos alucinados. Por que non entras na web e les algún?





Sem comentários:

Enviar um comentário