20/04/08

Contador


Contador é un cubo de tres metros de lado, instalado en espazos públicos de trinta localidades de Galicia, no que se elabora un conto colectivo. Partindo dun comezo provisto polo propio Contador, cada participante narra unha parte da historia coa única referencia do fragmento de relato inmediatamente anterior, o que pode dar lugar a derivacións máis ricas e divertidas. Como funciona?
1. Entra no Contador.
2. Escoita o fragmento de historia contada inmediatamente antes e continúa o relato.
3. Sae do Contador.
4. Busca a túa historia na web de galegoelogo e compáraa coas que se contaron noutras vilas e cidades de Galicia.
O día 29 de marzo estivo en Santiago, consulta aquí o calendario do Contador .

1 comentário:

  1. Isto é coma o dos cadávares exquisitos pero de xeito oral; ten boa pinta e gustaríanos participar pero non pasa por Noia, a ver se o repiten e noutra edición pasa por sitios novos.
    Aos que vos caia ben, anímovos a participar.

    ResponderEliminar