20/12/07

Premio Leixaprén

Que é o Leixaprén?
Como sabedes algúns de vós, sobre todo os de 3º ESO que o tedes máis fresco, é unha figura retórica propia da nosa poesía medieval. Pero se tecleades esta palabra en Google, descubriredes que ten outro significado: é o nome da coordinadora dalgúns dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da comarca do Barbanza e do premio que entregan cada ano a un personaxe ou institución que se distinga polo seu labor a prol da normalización da nosa lingua.
Este curso o acto de entrega do premio corre a conta do ENDL do noso centro; se queredes saber máis sobre o tema, buscade no enderezo da web que vos recomendamos.

Sem comentários:

Enviar um comentário