20/12/07

Levamos feito... e queda por facer...


Este trimestre, grazas a axuda de moitos compañeiros e compañeiras do centro, xa fixemos algunhas cousas:
- Colaboramos na elaboración do Proxecto Lingüístico de Centro, onde nos encargamos de facer sobre todo unha análise da situación sociolingüística do colexio e o seu contorno.
- Informamos a todo o mundo do novo Decreto do galego, o 124/2007
- Galeguizamos un chisco máis o comedor, xa contamos cunha pequena biblioteca e outros recursos e saben da nosa colaboración para todo o que precisen.
- Os profes máis materiais en galego que podedes utilizar se queredes. Está a vosa disposición na sala de profesores, no recuncho de normalización.
- En colaboración coa ANPA, organizamos a actividade de teatro para alumnos e alumnas de primaria. A ver se se animan e comezan no segundo trimestre.
- Creamos unha mediateca en galego, sobre todo con discos, pero tamén pelis, banda deseñada e revistas, na biblioteca do centro. Aínda nos falta moito material, pero á volta do nadal botarémola a andar e todo mundo poderá acceder ao préstamo.
- Seguimos co TABOLEIRO DA LINGUA, como cada curso, e xa levamos dado algúns premios ós máis atentos ás propostas que vos facemos.
- Outras accións xa se comezaron e están sen rematar:
* A revista escolar
* O proxecto "Porfa, le connosco", en Educación Infantil.
* O estudo sobre a toponimia maior do noso concello para a páxina web do centro.
* Estamos a traballar na entrega do Premio Leixaprén, que concedemos cos ENDL da comarca e este ano organizamos nós.
- Ademais, comezaremos máis actividades nos segundo trimestre, das que seredes informados/as e nas que animamos a todos a participar.

Sem comentários:

Enviar um comentário