O 28 de febreiro os compañeiros de 3º e 4º de ESO realizamos unha saída educativa ao Museo do Mar, en Vigo, para visitar o Pergamiño Vindel. Malia as inclemencias do tempo, a visita resultou fructífera e, ademais de ver esa xoia da nosa literatura medieval que teñen os americanos ("para que a quererán alá, se para eles non significa nada?", dixeron algúns), aprendemos moitas cousas sobre a Idade Media que descoñeciamos, así como sobre o propio museo e as exposicións permanentes que acolle. Deixámosvos unhas fotos para a lembranza.
Sem comentários:
Enviar um comentário