09/10/17

Grafitti normalizador

O Concello de Lousame organizou esta semana catro obradoiros de cultura urbana dirixidos á mocidade do municipio, dentro do proxecto “Mocidade creativa en Lousame”, unha iniciativa subvencionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Consistiu en dous obradoiros de graffiti, un de rap en galego e outro de beatbox cos que se pretendía " fomentar actitudes creativas e innovadoras da mocidade de Lousame e sempre a través da dinamización da lingua galega”, segundo explicou  a concelleira de Mocidade. 
O resultado máis visible e perdurable desta actividade é un grafitti que adornará de agora en diante unha das entradas do noso centro e que recupera un vello lema do noso EDL: "Fala galego, non te perdas". Tamén nos serve para darlle as grazas ao EDL do curso pasado, pois este era un proxecto seu que non puido levarse a cabo por falta de orzamento. Seguro que estarán content@s de ver cumprido o seu desexo!





Sem comentários:

Enviar um comentário