EDL

EDL

29/11/16

TECENDO POLA IGUALDADE




O alumnado de 4º ESO decidiu que debería poñer o seu pequeno gran de área para solidarizarse con todas esas mulleres que sofren, dun xeito ou doutro, violencia de xénero.  Como, dende antano, se ten relacionado a arte de tecer cunha actividade exclusiva das mulleres, decidiron que todos e todas se porían a calcetar os seus propios lazos lilas para dalgunha maneira amosar á sociedade que con actitudes machistas que se empeñan en dar roles aos homes e ás mulleres, non imos  a ningún lado.  Diferentes, pero iguais, esa foi a súa idea e por iso, axudándose uns aos outros obtiveron como resultado isto que a seguir ides ver. 
Foi este un traballo do EDL co cal pretende colaborar con todas as actividades feitas no centro ao redor da conmemoración desta data.



video

Sem comentários:

Enviar um comentário