EDL

EDL

16/02/14

SAN VALENTÍN

O Día dos namorados celebrámolo lendo algúns fragmentos de amor da nosa narrativa do século XX. Logo tentamos escribir os nosos textos de amor. Estes foron algúns dos que máis nos gustaron. A ver que vos parecen a vós.

A partir de Amor de agosto, de A. Fernández Paz, saíron algúns acrósticos:


Beizos rozándose na
Illa dos namorados.
Córtase a respiración.
O único que queren é volver
Sentilos xunto aos seus.
(Silvia Burés. 2º A)

Bicos inocentes
Indo cara á
Carballeira.
Outono non comeza
Sen ti, meu amor.
(Claudia Figueira. 2º A)

Beizos que rozan
Intensamente as meixelas.
Como nun leito
Ondeado polo vento.
Sempre me cativas.
(Iván González. 4º A)

Bicámonos ata o amencer.
Iluminados pola luz da lúa,

Collidos das mans.
Observando as estrelas.
Susurrando palabras de amor.
(Damián Filgueira. 4ºA)


Bicarte.
Imposible non facelo.
Como evitalo ?
Os dous nos miramos e
Sentimos o mesmo?
(Yael Carnés. 2º A)

Bicoume con paixón
Inocentemente sen culpa
Cerrou os ollos azuis
Ollos que expostos ao sol
Secan como un rego no verán
(Paula Rodríguez. 3º B)

Beizos tímidos, carnosos e ardentes,
Intensa sensación, de ledicia e pracer,
Contacto caloroso e fervente,
Oculto no interior dun amencer,
Silencioso, mudo pero mutuo.
(Xoel Brenlla. 3º B)

Beizos que chaman a atención
Incitan a querer bicalos
Coa súa cor, os meus
Ollos choran por non poder tocalos máis.
Sorrir quero máis só sentirei dor.
(Noelia Vigo. 3º A)


Outros soñaron, coma o protagonista de Que me queres, amor?:

" Se me quixese.... os días amencerían iluminados pola luz da súa pel morena entre as sabas finas e brancas, mentres fóra nacerían os días escuros como corazón de meiga"
(J. Ángel de la Iglesia. 4º A)


"Se me quixeses... como eu te quero a ti, aínda que só sexa un pouco. Soñaría eu coa primeira castaña do outono, aquela que collín pensando en ti, como se ti o significaras todo, o ben que o pasariamos xuntos toda a nosa vida; esa boa castaña sería para os dous, comeriamola con moita tenrura e delicadeza, sempre pensando un no outro"
(Andrea Ces. 3º B)

 E ata houbo quen imitou a Carlos Caneiro en Ámote e escribiu un whatsapp así de amoroso:

"Sobran razóns para quererche, miña pequecha. Dime, miña lúa, miña estrela, de onde sacas tanto amor?. Dime, miña rula, de onde sacas  tanta tenrura? Quérote miles, ámote"
(Víctor Canle, 4º A) 


Algúns fixeron microrrelatos de amor a partir dun texto de Resistencia:

"Porque, cando a deixou, el pensaba coa cabeza non co corazón e correu, correu como as palabras cheas de dor que leva o vento, pero, cando chegou, xa non estaba, non me refiro a ela, refírome ao amor que había uns minutos se apagaba. El el suplicou, suplicoulle o perdón que ela non lle quería dar, ata que, vendo que non había amor, é só había desesperación, colleu un coitelo e cravouno no seu peito, pero nese momento non sentira tanta dor como cando a deixara marchar.  El só a quería a ela, e, se non a tiña, só tería a morte".
(Moisés Rivadulla, 3º B)

E finalmente houbo quen escribiu ao redor de Galván en Saor:

"E soñou con ela outra vez. Foi algo novo... unha cousa inesperada. El pensou que os condenados soños xa acabaran, pero unha noite máis soñou, soñou co seu enrolado cabelo. Soñou coa súa aparición no pazo da horta. El foi ao seu encontro. Silvana estaba tan fermosa coma sempre, cun dos seus vestidos brancos, coa súa longa melena e cos seus tenros beizos. A Ernesto tremíanlle as pernas como a unha vara verde... Ela decatábase e sorría. Os dous mozos achegáronse, sentaron na verde herba... e sen saber como...bicáronse. Ernesto non daba creto... xuntaban os seus beizos e bicábanse apaixonadamente. Pero, de súpeto... espertou do soño".
(Alejandro Calo, 3º A)

Sem comentários:

Enviar um comentário