15/05/13

LETRAS GALEGAS EN LOUSAME


O día tamén chegou ao noso cole e, como xa anunciaramos, traballamos arreo dende Infantil ata Secundaria. Os máis pequechos e todo Primaria encargáronse de facer unha liña temporal dos persoeiros aos que se lle leva adicado o Día das Letras Galegas; e os rapaces de Secundaria traballaron nun mural para que poidamos coñecer un pouco mellor a figura de Roberto Vidal Bolaño.


Graciñas a todos pola vosa colaboración.













Sem comentários:

Enviar um comentário