EDL

EDL
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!

19/03/13

Semana da poesía


Con tantos exames, avaliacións e ...en fin, números, nos vos esquezades de que esta é a Semana da poesía. E se mesturamos a Semana da poesía co Día da árbore , o comezo da primavera e co Ano de Rosalía de Castro, sáenos un poema rosaliano que nos invita a mirar a fermosura da natureza e reflexionar sobre a insignificancia humana ante ela. Que vos guste, e non esquezades estar atentos aos taboleiros e ás propostas da biblioteca. E por que non? Unha proposta para a Semana Santa: excursión a Padrón para divertirse na súa Pascua e visitar a casa museo de Rosalía coas súas árbores centenarias.

Abride as frescas rosas
Abride, as frescas rosas;
brilade, os caraveles;
do seu xardín os árbores,
vestívos cas lindas follas verdes;
parras que un tempo sombra nos prestates,
a cubrivos de pámpanos volvede.
Natureza fermosa,
a mesma eternamente,
dille ós mortais, de novo ós loucos dille
¡que eles non máis perecen!

Sem comentários:

Enviar um comentário