EDL

EDL

14/02/13

San Valentín


Volvemos do Entroido e xa  é Día dos namorados. Os alumnos e alumnas de 3º ESO convertéronse hai unhas semanas en trobadores e fixeron cantigas amorosas, de amor e amigo, ao xeito das cantigas medievais, que aproveitamos este día para amosarvos. Para velas todas podedes ir á web do noso centro.

Ondas do mar de Testal,
Onde está o meu amigo?
Eu sempre o hei de esperar.
Augas do mar de Testal,
Onde está o meu querido?
Eu sempre o hei de esperar.
Onde está o meu amigo
Que me deixou a chorar?
Eu sempre o hei de esperar.
Onde está o meu querido
Que nel non deixo de pensar?
Eu sempre o hei de esperar.

(Inés Carneiro e Leonor Pose)

 
Vaiamos bailar, amigas,
ao son destas cantigas.
Na fonte ata o amencer.
Vaiamos bailar, irmás,
ao son destas rimas.
Na fonte ata o amencer.
Ao son destas cantigas
e oxalá dure días.
Na fonte ata o amencer.
Ao son destas rimas
e oxalá tarde, amigas.
Na fonte ata o amencer.


(Aarón, Damián e Álex)

 
Meu amigo, rei dos ventos,
O cervo que leva a manada.
Non me volvas máis a auga.
Meu amado, rei dos ventos,
O máis forte entre os cervos.
Non me volvas máis a auga.
O cervo que leva a manada,
Afógasme nun mar de amor.