EDL

EDL
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!

07/11/12

Luns de regueifas

O luns 5, pola mañá, os alumnos de 3º e 4º ESO e 3º ciclo de Primaria tivemos cadanseu obradoiro de regueifas con Luís O Caruncho e Pinto d'Herbón. Recibíronnos regueifando entre eles cunha grande mestría.  A continuación,  fixeron unha pequena introdución teórica (e rimada!!) sobre a orixe do termo, os nomes que as regueifas teñen noutros lugares de España e do mundo e sobre a técnica para crear regueifas. E sen máis dilación, puxémonos a construír coplas e regueifas, primeiro en gran grupo e logo indiviualmente. A verdade é que saíron cousas ben bonitas, que vos amosaremos en breve; estade atentos aos corredores. Polo de agora, deixámosvos algunhas fotos que amosan o ben que o pasamos e o moito que aprendemos.






1 comentário:

  1. Que fenomenos jajajajaja o home de camisa negra era un crack jajajajaja tedelos q traer mais veces, tomade nota!

    ResponderEliminar