03/10/12

Buscatermos

Xa todos podemos dispor dunha nova ferramenta:

bUSCatermos é unha base de datos terminolóxica en liña da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Compila información sobre máis de 150.000 conceptos das áreas especializadas máis diversas (ciencias da saúde, dereito, botánica, zooloxía, educación, historia, xeografía...). Para cada un deses conceptos recóllense as denominacións máis habituais en galego e, case sempre, tamén as empregadas nas linguas do noso contorno (fundamentalmente, castelán, inglés e portugués). A suma de todas estas formas lingüísticas supera as 450.000, o que converte bUSCatermos no recurso lexicográfico máis amplo existente para a lingua galega. Ademais, en cada entrada dáse información sobre a área temática a que pertence cada concepto, a definición e as fontes en que se documenta toda a información recollida.

Premede aquí iredes directamente á páxina, comezade a buscar...


Sem comentários:

Enviar um comentário