04/10/12

A nosa literatura popular

En 3º ESO traballamos nas aulas de  lingua coa literatura popular;  falamos do tema cos nosos maiores, que seguen mantendo viva a memoria,  e dous  deles  cantáronnos  as coplas que aquí vos deixamos.

Antonio Moledo Filgueira, de San  Roquiño, cantounos estas:

Paxariño gorrión,
Onde vas facer o niño:
Á  horta do señor cura,
Ao primeiro ramalliño.

Quen son aqueles tres mozos,
que suben aquel  portelo?
O  Carrizo e mailo Charco
E  mais o Escaravello.

O amor da costureira
era papel e mollouse.
Agora costureiriña,
o teu amor acabouse.

Pola súa parte, Mª Josefina Buján Vidal, de Banzas (Outes), deixounos unha  copla moi local:

En Banzas hai boas mozas,
en Vilar hai ghana delas.
En Buíste, pernas tortas,
en Piñeiro tarabelas.

Grazas aos dous por compartir con nós un anaco da súa sabedoría.

1 comentário:

  1. Cando a miña filla era pequerrechiña, gustáballe moito quedarse durmida oíndo, da boca da súa avoa, a primeira das coplas, a do "paxaro gorrión".

    Que recordooos!

    ResponderEliminar