EDL

EDL
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO!!

27/05/12

TEATRO EN LOUSAME



Este domingo estreouse A noite de Sabina interpretada polo grupo municipal de Teatro Afeccionado do concello de Lousame. Entre o reparto de actores había antigos alumnos do noso cole que, despois dun ano de esforzo e duros ensaios, escenificaron unha divertida obra que logrou que o público que alí estaba rira a cachón.
Para o curso vindeiro tentaremos telos no centro para poder gozar coas tres bruxas vellas que, nunha azotea, deciden unha noite de lúa chea facer unha xuntanza. O que ocorre é que non queren realizar algo malo, como ocorre acotío, senón que deciden facer algo bo. Aí entra en escena Sabina, unha rapaza pobre que vai pedir un desexo: vivir unha aventura romántica.
Xa non vos contamos máis, o resto terédelo que ver vós mesmos, seguide ao grupo e antes ou despois teredes outras actuacións nas vilas veciñas.
Pola nosa parte só nos queda darlle a noraboa a todas estas actrices e ao único actor que conseguiron sacarnos un sorriso nesta tarde chuviosa de maio.




Sem comentários:

Enviar um comentário