Hoxe asistimos no Salón Teatro de Santiago á representación teatral da obra "Pelos na lingua", a cargo da compañía Talía Teatro. Con moito humor e "sen pelos na lingua" vimos retratadas moitas situacións anómalas que vivimos os galegofalantes na nosa vida diaria e os prexuízos contra os que aínda hoxe temos que seguir loitando. Iso si, entre gargallada e gargallada, porque é unha comedia moi divertida.
Os que asististes deixádenos a vosa opinión. Que vos pareceu a obra? Que pensades do que nos conta?
a obra estivo moi graciosa, pareceume que trataba tema moi cercanos a nosa vida diaria. Eu persoalmente paseino ben na escursión Fatima ten que animarse a facer mais coma esta
ResponderEliminarÁngela 3ºB
A obra gustoume moito,rinme moito e estivo entretida porque trata sobre escenas da nosa vida cotiá.Recomendovola a todos.
ResponderEliminarPareceume unha obra realmente boa, das mellores que vin. Moi entretida e que sabe explicar de maneira moi graciosa a nosa realidade. Recomendo a obra a todo tipo de públicos e persoas, é moi boa.
ResponderEliminarA obra gustoume moito , todos nos rímos a cachón e pasamos unha agradable mañá a conta desta obra na que se representaban escenas que por desgraza acontecen na realidade , cousa que non debería ser así . Penso que esta obra nos abre os ollos un pouco e pode animar a moitos a seguir loitando pola nosa lingua . Recoméndoa xa que a min gustoume moito .
ResponderEliminarPois a min coma as miñas compañeiras gustoume moito,recomendolla a todo o mundo. Como xa dixeron a obra conta os prexuizos do galego, como é a sociedade, e como cada vez se fala menos. Isto só o podemos remediar as novas xeracións, asi que falade galego, que ten a mesma importancia que o castelán e todos debemos de coñecer un pouco a nosa lingua :)
ResponderEliminarMaría Ourille 3ºA
A min tamén me gustou, foi bastante entretida e graciosa. Como dixo Ángela, Fátima deberíase animar a repetilas !
ResponderEliminarAnais 3ºB
Pero onde están os nosos homes? Non teñen voz ou perderon a lingua? Que ocorre? Comentar no blog só é cousa de mulleres? Veña rapaces, que eu sei que vós tamén tedes unha opinión ao respecto.
ResponderEliminarPor outra parte, prometemos, Conha e eu, que así como saia algo tan bo como o que vimos este día, non habemos dubidar un só instante en levarvos de novo a velo. Por esa banda podedes estar tranquilos, habemos volver saír. O departamento de galego aproveita para darlle os nosos parabéns aos actores de Talía; trataron o tema moi ben e conseguiron que os rapaces pasasen un bo momento e analizasen a realidade lingüística galega, dende unha perspectiva diferente á que lle podemos nós dar nas aulas.
Mil noraboas.
A obra "Pelos na lingua" esta xenial, a min encantoume.Expresa moi ben o que está a pasar na vida cotiá.Eu recomendolla a todas as persoas que non a viron :)
ResponderEliminarA obra estivo moi ben, a min persoalmente foi unha das mellores que vin nas excursións de galego. Chamoume especialmente a atención que só con tres obxectos ( dúas cadeiras e unha caixa)conseguiron acadar moitos máis obxectos con diversas formas como por exemplo: a cama, as estanterías... Pareceume moi entretida e divertida posto que me reín moito, sobre todo na parte de ligüestética.
ResponderEliminarÓscar Creo Rodríguez 4º ESO A
A min ó igual cos meus compañeiros gustoume moito a obra , paseino moi ben , e tamén opino que tiña que haber máis saídas coma esta . Penso que obra está moi ben xa que nos impulsa a que nos decatemos do perigo que corre a nosa lingua , e que solo nos podemos salvala .
ResponderEliminarJonnathan Pombo 3ºA
A obra estivo moi bn recomendoa.
ResponderEliminarPaseino xenial rin moito,ademais viase q a xente o pasaba un bo rato.
A obra gustoume moito,foi moi graciosa e recomendaríalla a outra xente!
ResponderEliminarVIVA RUSIA!
estivo bastante ben dende o principio ate o final!.recomendollo a todo o mundo ;) fatima ten que levar mais veces aos seus alumnos a escursions coma esta!
ResponderEliminarFoi moi divertida e deverían facer outra.
ResponderEliminarIago Rivas Seijas,4ºA.
Pareceume unha obra moi entretida, que logrou tratar un tema tan serio coma os perxuizos do galego con moito humor. Tedesnos que levar a outra obra coma esta.
ResponderEliminarA min a obra gustoume moito. Penso que amosaron situacións que pasan día a día pero pasadas a algo cómico. Foi unha obra coa que me rin moito.
ResponderEliminarEspero que grazas a esta obra e o esforzo da xente a nosa lingua saia adiante. Moita xente debería abrir ben os ollos e non avergonzarse da nosa lingua, como ben amosaron nalgunhas escenas.
Rebeca, 3ºA
A obra gustoume,estimo moi entretida e mostraba a idea pincipal da obra dunha forma moi simpática.
ResponderEliminarA min gustoume moito e reinme durante a meirande parte da obra!
ResponderEliminarA min gustoume a obra de teatro, é interesante; porque ademais de entretida, servia para concienciar a xente do que esta a pasar a nosa redor. un Saudo.
ResponderEliminarChao pescao
Esta obra de teatro gustoume moito, foi moi divertida e na maioría dos temas que se trataron sobre a nosa lingua estou de acordo. Paseino moi ben, e estou de acordo cos meus compañeiros, temos que facer máis saídas! (:
ResponderEliminarYara, 3ºB
Déronnos o Premio Max a Mejor Autor Teatral en Gallego!
ResponderEliminarhttp://www.dioivo.eu/creacion/artes-vivas/607-premio-max-para-pelos-na-lingua-de-talia-teatro