20/02/18

Dia de Rosalía 2018








A Asociación de Escritores en Lingua Galega anímanos a celebrar o 24 de febreiro, o  Día de Rosalía, coincidindo co 175 aniversario do seu nacemento. Para coñecelas picade na imaxe.  Ademais das propostas que nos fai a Asociación de Escritores, podemos lembrala de mil xeitos: léndoa, recitándoa, escoitándoa na voz dos nosos músicos e mesmo botando unhas risas á súa conta. Dous exemplos:



O dito, feliz Día de Rosalía 2018!!

3 comentários:

  1. porque a paxina está en portugués, se non hai galego poñedea en español, esto pareceme unha falta de respeto moi grande.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Estimado amigo:
      Este é un blog de lingua galega e, en consecuencia, está é a lingua na que está integramente escrito, agás algúns elementos mínimos de configuración da bitácora en que non é posible o uso do galego.Neses casos, entre as opcións que se nos daban escollemos o portugués porque é a nosa lingua irmá e polo tanto a máis semellante á nosa, sen a menor intención de faltar ao respecto a ninguén nin desprezar ningún idioma. Ademais, porque a elección do portugués supón unha falta de respecto? E a quen?
      Pensamos que as linguas suman, non se excluén.

      Eliminar
    2. Anónimo3/3/12 15:12

      pois eu penso que non é unha falta de respecto xa que o galego e o portugues estan familiarizados.Un saúdo para matheus xa que é brasileiro é ainda fala portugues apesar de que teñamos unha profesora tan boa de galego como é concha.Bicos
      GEMA 2ºB

      Eliminar