EDL

EDL

17/01/12

Amor sen cobertura


Este ano vimos, unha vez máis, a lírica medieval en 3º ESO e, como non podía ser doutro xeito, atrevémonos a compoñer as nosas propias cantigas. Mais iso si, fomos trobadores por un día pero con temas modernos, con temas, aínda que amorosos, de actualidade. Aquí tedes unha mostra que fixo Marta de 3º B; agora vós, nos comentarios tedes que ir metendo a vosa propia composición, quen se atreve? VOLVE AO NETROBADORISMO.





O amado envíame unha mensaxe
para escurecer a miña paisaxe.
               Amor sen cobertura

Nun intre leu ese texto
poñendo calquera pretexto.
               Amor sen cobertura

Para escurecer a miña paisaxe
só tivo que escribir esa triste mensaxe.
                Amor sen cobertura

O tempo que cura as feridas
chegará mentres escoito esta cantiga
                Amor sen cobertura

18 comentários:

  1. Velaquí deixo a miña cantiga , desexo que vos guste .


    No banco sentada estaba,
    alí agardando a súa chegada.
    Onde estás meu amigo?

    No banco sentada pensaba,
    alí agardando a súa mirada .
    Onde estás meu amigo ?

    Alí agardando a súa chegada,
    só a él o lembraba .
    Onde estás meu amigo?

    Alí agardando a túa mirada ,
    mais aquí me deixaches abandoada .
    Onde estás meu amigo?


    Sara Blanco , 3º A.

    ResponderEliminar
  2. Bonitas cantigas, estades feitas unhas trobadoras. Seguro que poderíades cantalas e ata bailalas, como auténticas soldadeiras; se vos animades, temos unha cámara a punto para gravar.

    ResponderEliminar
  3. Aquí vos deixo a miña cantiga, espero que disfrutes cando a leades.



    Agargo a súa chamada,
    chorando desesperada.
    Mais el non se lembra de min.


    Agardo a súa visita,
    sen saber por onde el transita.
    Mais el non se lembra de min.

    Chorando desesperada,
    agardo amargada a súa chegada.
    Mais el non se lembra de min.

    Sen saber por onde el transita,
    penso como será a súa visita.
    Mais el non se lembra de min.


    María, 3º A.

    ResponderEliminar
  4. Aquí está a miña:

    Encóntrasme no corredor
    e cítasme sen ningún temor
    Á saída do colexio.

    Cansa xa estou de esperar
    e aínda non te vexo chegar
    Á saída do colexio.

    Cítasme sen ningún temor
    e déixasme chea de dor
    Á saída do colexio.

    Aínda non che vexo chegar
    e empezome a desesperar
    Á saida do colexio.

    Alba Mato,3ºA

    ResponderEliminar
  5. Aqui tedes a miña cantiga:

    O amado envíame unha mensaxe
    para escurecer a miña paisaxe.
    Amor sen cobertura.

    Dime que non son quen
    de facelo esquecer.
    Amor sen cobertura.

    Dime que non son a fada
    que quere na súa almofada.
    Amor sen cobertura.

    Dime que non lle dou todo o amor,
    que non lle dou todo o calor.
    Amor sen cobertura.


    Rebeca, 3ºA

    ResponderEliminar
  6. O amado envíame unha mensaxe
    para escurecer a miña paisaxe.
    Amor sen cobertura.
    O amado envíame os seus pesares
    e cítame en lugares.
    Amor sen cobertura.
    Para escurecer a miña paisaxe
    respondinlle a súa mensaxe.
    Amor sen cobertura.
    E cítame en lugares
    para contarme os seus pesares.
    Amor sen cobertura.

    María 3ºA

    ResponderEliminar
  7. O amado envíame unha mensaxe
    para escurecer a miña paisaxe.
    Amor sen covertura.
    O amado envíame unha mensaxe
    para que teña unha boa viaxe.
    Amor sen covertura.
    Para escurecer a miña paisaxe
    olvidouse de enviarme a mensaxe.
    Amor sen covertura.
    Para escurecer a miña paisaxe
    non puido ir mercar o traxe.
    Amor sen covertura.
    Anais, 3ºB

    ResponderEliminar
  8. yoelina 3A24/1/12 18:25

    O amado enviame miles de mensaxes
    Para escurecer a miña paisaxe
    Amor sen cobertura

    O amado enviame miles de corazons
    Para esclarecer a miña paixon
    Amor sen cobertura

    Para escurecer a miña paisaxe
    Tera que ter moita coraxe
    Amor sen cobertura

    Para esclarecer a miña visión
    Teralo que facer con ilusión
    Amor sen cobertura

    ResponderEliminar
  9. CRIS CAAMAÑO24/1/12 22:05

    Meu amado, meu mociño
    quéroche e douche un biquiño,
    mándoche un sms
    e envíasme un privadiño.
    Quérote, ámote.

    Meu amado, meu mociño
    quéroche un mundiño,
    dasme un MP3
    e eu douche un cariño.
    Quérote, ámote.

    QUE CONSTE QUE ESCRIBO ESTO PORQUE SENÓN FÁTIMA PONNOS DOUS NEGATIVOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  10. Cris,a túa gústame moito,está moi ben:)

    O amado envíame unha mensaxe,
    para escurecer o meu paisaxe.
    Amor sen cobertura.

    O amado envíame un correo,
    para escurecer o meu paseo.
    Amor sen cobertura.

    Para escurecer a miña paisaxe,
    nada máis que un personaxe.
    Amor sen cobertura.

    Para escurecer o meu paseo,
    nada máis que un mareo.
    Amor sen cobertura.

    Begoña 3ºA

    ResponderEliminar
  11. aquí deixo a miña cantiga tamén , espero que vos guste :

    O amado envíame unha mensaxe
    para escurecer a miña paisaxe.
    Amor sen cobertura.


    O amado non responde as chamadas
    esto xa non é un conto de fadas.
    Amor sen cobertura .


    O amado xa non se lembra de min
    deixoume abandoada aquí .
    Amor sen cobertura .


    O amado non está de min namorado
    non me será doado olvidalo .
    Amor sen cobertura .

    Jonnathan Pombo 3ºA

    ResponderEliminar
  12. O amado envíame unha mensaxe
    para escurecer a miña paisaxe.
    Amor sen cobertura.

    Pero eu non teño saldo
    para responder a mensaxe.
    Amor sen cobertura

    O meu amado esta moi lonxe,
    por eso estou triste hoxe.
    Amor sen cobertura.

    Eu quero ir co meu amado de viaxe,
    Mais non teño suficiente equipaxe.
    Amor sen cobertura.

    Ángela Creo, 3ºB
    Espero que vos guste a miña cantiga...

    ResponderEliminar
  13. Non queremos que se diga que a poesia e cousa de mulleres e aqui so vexo a un atrevido, Jonnathan. Xa sei que nos dous 3º non temos moito exemplar do xenero masculino, mais ainda asi estou esperando a cantiga dalgun mais. Veña Alberto, atrevete que a tua tamen daba gusto escoitala.

    Escribo sen acentos porque non sei que lle pasa ao meu ordenador, non pensedes que a profe toleou de vez.

    ResponderEliminar
  14. Natalia Expósito25/1/12 19:55

    O amado envíame unha mensaxe
    para escurecer a miña paisaxe.
    Amor sen cobertura.

    Escureces o meu rostro
    porque seica non che importo.
    Amor sen cobertura.

    Para escurecer a miña paisaxe
    desfaces a miña imaxe.
    Amor sen cobertura.

    Para escurecer o meu rostro
    busco pero non te encontro.
    Amor sen cobertura.

    FIN

    ResponderEliminar
  15. Aqui deixo a miña cantiga:


    Meu doce amigo
    donde estaras?
    eu buscote
    pero non sei donde encontrarte

    Meu doce amor
    botoche de menos
    quero verte
    e non podo encontrarte

    Meu doce amigo
    isto é un inferno
    foscheste ao outro mundo
    donde eu alí non podo entrar

    ResponderEliminar
  16. O meu amado envíame unha mensaxe
    para escurecer a miña paisaxe.
    Amor sen cobertura.
    Para escurecer a miña paisaxe,
    o meu amado levame de viaxe.
    Amor sen cobertura.
    Para ir de viaxe
    o meu amado e eu xuntos
    preparamos a equipaxe.
    Amor sen conbertura.

    Yara, 3B

    ResponderEliminar
  17. Aquí deixo a miña cantiga, espero que vos guste :)

    O meu amado evíame unha mensaxe
    para escurecer a miña paisaxe.
    Amor sen cobertura.
    Para escurecer a miña paisaxe,
    o meu amado levoume de viaxe.
    Amor sen cobertura.
    Para ir de viaxe,
    o meu amado e eu preparamos
    a equipaxe.
    Amor sen cobertura

    Yara, 3B

    ResponderEliminar
  18. Ahí vai a miña cantiga tan solicitada.

    No fondo da muller
    auga removida
    mais nunca a amarei.

    No fondo da muller
    quero ve-la vida
    mais nunca a amarei.

    Auga removida
    non interrumpida
    mais nunca a amarei.

    quero ve-la vida
    Sombra sen salida
    mais nunca a amarei.

    Positivo o canto.

    E feito isto.
    Viva Rusiaaa¡¡¡ :D

    ResponderEliminar