13/11/11

TI OU VOSTEDE NO ENSINO

Corren malos tempos para o profesorado en particular e  para a educación en xeral; abondan as noticias de recortes, manifestacións en distintas comunidades, consultas de sindicatos, protestas de universitarios,etc., en tódolos medios de comunicación. O debate xorde tamén na aula e acábase falando do papel do profesor e da relación profesor-alumno que se establece na actualidade. Lembramos entón un artigo publicado en La Voz de Galicia, no ano 2009,  polo ilustre profesor Xesús Alonso Montero e xorde a discusión sobre se o alumnado debería atuar ao profesorado ou tratalo de vostede. Houbo argumentacións nun e noutro sentido, pero reproducimos unha delas para abrir un posible debate. Lédea e opinade. Agardamos os vosos comentarios.
"Estou totalmente en contra do uso do VOSTEDE nas aulas, porque non é unha mostra de respecto, senón de afastamento.
A pesar das desvantaxes que supón darlles aos alumnos confianza, que mal entendida podería rematar en faltas de respecto ou interrupcións continuadas das clases, cun sistema educativo colaborativo como o actual, no que a interacción mestre-alumno e a confianza son piares fundamentais, a imposición do VOSTEDE sería non só un cambio no ritmo das clases senón un cambio de base no sistema.

Daniel Paradela Dosil. 4º B ESO


3 comentários:

  1. Eu fixen unha vez a experiencia, fai moitos anos cando empezaba a dar clase; foi un experimento, pensado como alternativa a outros métodos para mante-la orde cos que non me atopaba moi a gusto. Teño que engadir que eu os trataba de "vostede" a eles tamén. Aprendín a utiliza-la entoación e a expresividade para darlle cercanía e calidez ó trato cos alumnos/as e sempre era unha forma de recordarnos a todos que intentábamos atopar unha convivencia dentro do respeto e intereses case sempre opostos. Pódoche dicir que os alumnos/as da miña titoría, un algo "disruptores" foron pouco a pouco aprendendo a respetar e respetarse, e sentíronse enormemente respetados por min, e así mo fixeron saber cando nos despedimos. Penso que calquera palabra non é máis que unha ferramenta; o importante é como e para que a utilizas. Susi

    ResponderEliminar
  2. CRISTIAN 2ºB30/11/11 21:18

    Estou totalmente de acordo con daniel paraceme que o uso de vostede e unha proba de afastamento e non de respeto pois eu a un profesor ou profesora teñolle o memo respeto tratandoa de ti ou de vostede pra a miña opinion non depende de ti ou vostede porque o ti podese dicir de moitas e distintas formas

    ResponderEliminar
  3. a min pareceme que podeslle ter o mesmo respecto a un profesor tratando de vostede que de ti.E por exemplo a concha tratoa de ti e a fuentes trato de vostede.Quero decir con esto que eu teñolle o mesmo respecto a concha que a fuentes,a pesar de tratalos de forma diferente.
    GEMA 2ºB

    ResponderEliminar