A Banda Municipal de Música de Lousame gañou esta fin de semana o segundo premio no V Certame de Bandas de Música, que se celebrou no Auditorio de Galicia, no que competía con bandas de tanta tradición como a Lira de Ribadavia. Tamén acadou o premio do xurado á mellor interpretación da obra de libre elección de autoría ou temática galega, coa obra O Demo de Carboeiro de Manuel Blanco Dosil, cunha dotación económica de 600 €. A nosa máis entusiasta noraboa!!
Sem comentários:
Enviar um comentário