Este xoves, 16 de novembro, visitounos o sociolingüista Núñez Singala para falarnos da súa última achega, o libro Menú de enganos. Tiñamos moitas dúbidas sobre o conxunto dos microrrelatos que leramos durante estes meses e, coa súa axuda, fomos descifrando todos aqueles fíos que nos quedaran pendentes. Explicounos, de maneira moi amena, como xurdiron moitos dos contos do libro e tamén a razón do título. Dende o CPI Cernadas de Castro animámosvos a ler este libro e pescudar no mundo do engano. O resto das fotografías podédelas ver na galería de fotos da páxina do centro.
Animádevos e facede comentarios sobre a súa visita.
yolanda nimo queiro
ResponderEliminareu non estaba e non sei de que vai o tema
cristian gonzález
ResponderEliminarQuerote amar
e non sei como
gema roo maroñas
ResponderEliminarmais ve que o meu corazón
é unha rosa de cen follas,
é cada folla unha pena
que vive apegada noutra
lara veiga barreiro
ResponderEliminarTi es para min un gacio de uvas mouras gustadas na tardiña de setembro.