- A primeira chámase " A Coruña na creación do libro galego" e recolle sesenta pezas entre libros e obxectos persoais que repasan unha historia pouco coñecida: o xeito en que A Coruña foi a base do actual sector editorial galego. O Pazo de María Pita acolle ata o vindeiro 21 de novembro esta exposición organizada pola Concellaría de Cultura e mais a Real Academia, que xorde con ocasión do bicentenario do primeiro libro editado en galego.
- Na Fundación Caixa Galicia poderedes admirar "Cen por cen Seoane. 100 anos, 100 lugares", a maior exposición sobre o artista galego feita ata o de agora con motivo do seu centenario.
Para esta hai máis tempo: ata fins de xaneiro.
Que vos aproveite!!
-
Sem comentários:
Enviar um comentário