14/11/10

Libros en galego

Lemos na prensa que a CIG-Ensino denuncia as instrucións enviadas polos Gabinetes Provinciais de Normalización Lingüística aos colexios de Galicia nas que lles advirte aos EDL que “non se van aboar gastos de material inventariable” que poida ser adquirido polos Equipos, entre os cales estarían os libros, banda deseñada, pelis, discos... Se a isto lle sumamos que tamén se retirou o requisito de que o 50% dos materiais adquiridos para as bibliotecas fosen en galego, en que situación queda a presenza da nosa lingua? Hai que dicir que, polo menos o curso pasado, malia existiren xa esas instrucións, se o gasto se xustificaba nalgunha das actividades da memoria non era rexeitado.

Pero, a pregunta é: de verdade os EDL temos que xustificar a adquisición de materiais que fomenten o emprego da nosa lingua e aumenten a súa presenza no ámbito académico? Política Lingüística debería reflexionar.

A vós que vos parece?

Sem comentários:

Enviar um comentário