12/05/10

Xincana das letras 2010





Como a experiencia resultou moi ben o ano pasado, este, volvemos facer unha xincana para coñecer mellor a Uxío Novoneyra. Os rapaces de 5º A e 5º B de primaria foron, desta vez, os encargados de completar un mural sobre a vida e obra do homenaxeado no día das letras galegas. Para iso dividíronse en equipos e realizaron diversas probas: xogaron ao pano, cantaron cancións populares, aprenderon versos dos poemas de Uxío Novoneyra, tentaron descifrar a fraseoloxía popular e realizaron probas físicas. Ao final houbo empate, todos levaron agasallos e, sobre todo, sentíronse felices de pasalo, unha vez máis, moi ben mentres usaban a súa lingua: o galego. Aquí tedes un vídeo e algunhas das fotos desta bonita andaina; se queredes ver o resto das fotografías non tedes máis que visitar a páxina do centro, entrade na galería e visualizaredes todas as probas feitas polos rapaces.


Para o ano, máis e mellor, nós non cansamos, e vós? A que grupo lle tocará??????



1 comentário:

  1. Uns alumnos aventaxados, si señor. Os da Silva levades un bo mes de maio. Bo día das letras para todos.

    ResponderEliminar